Revista Minius

Normas de publicación


  1. Os artigos presentaránse en formato Word para Windows e deberán ter unha extensión máxima dunhas 15.000 palabras, equivalentes aproximadamente a 40 din a-4, a dobre espazo, en letra Times New Roman de doce puntos, incluíndo cadros, gráficos, mapas, ilustracións, notas e bibliografía. Cada texto irá precedido dunha páxina que conteña o título, resumo do artigo e palabras chave, en galego ou castelán e en inglés, nome do autor ou autores, profesión, centro de traballo, enderezo postal completo, teléfono e enderezo electrónico do autor/a ou autores/as.
  2. A numeración dos epígrafes que aluden a divisións e subdivisións do texto utilizarán cifras arábigas, evitando a numeración romana e as letras.
  3. Evitaráse o número excesivo de citas textuais que, se non pasan das tres liñas, deberán ir entre comillas dobles (“”), có mismo tipo de letra e sen cursiva, incluíndo en nota ao pé a referencia bibliográfica. As citas textuais máis longas ponránse en párrafo aparte, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcaráse con comillas simples (‘’).
  4. Todo traballo deberá conter unha listaxe bibliográfica final có título Bibliografía. As referencias limitaránse ás obras citadas no traballo, con sangría francesa, e ordearánse alfabéticamente polo primeiro apelido do autor/a e ano de publicación; se dous ou máis traballos teñen o mesmo autor/a e ano, distinguense entre si con letras minúsculas a continuación do ano e dentro do paréntese. Observaráse o siguiente formato:
    • Monografías:
      Artola, M. (dir.) (1978): Los ferrocarriles en España: 1844-1943, Madrid, Servicio de Estudios del Banco de España.
      Vilar, P. (1996): La guerra civil española, Barcelona, Grijalbo Mondadori.
    • Artigos de revista:
      Pérez García, J. M. (1992): “El Catastro del Marqués de la Ensenada en tierras de León. Problemas y soluciones para su adecuado uso historiográfico”, Minius, 1: 167-169.
    • Colaboración en obra colectiva:
      González Enciso, A. (2006): “Spain’s mobilisation of resources for the war with Portugal in 1762”, en Bowen, H. V. e González Enciso, A. (coords.): Mobilising Resources for War, Pamplona, Eunsa: 159-190.
  5. As notas a pé de páxina irán numeradas correlativamente en números arábigos e voadas sobre o texto (superíndice); componránse coa opción específica do procesador de texto. De seguir signo de puntuación, este poráse despois do número da chamada e nunca antes (exemplo1, exemplo.1). As referencias bibliográficas citadas indicaránse en nota a pé de páxina e de xeito abreviado, consignando os apelidos e inicial do nome do/do autor/a, en versalitas, o ano de publicación e a páxina da cita: Duro Peña, E. (1973): 27. Lucas Álvarez, M. e Lucas Domínguez, P.P. (1988): 298-299.
  6. O material gráfico que acompañe ao texto deberá ir numerado en cifras arábigas e correlativas, contando cada un deles cun breve título que o identifique, debendo indicarse as súas fontes. As táboas ou cuadros comporánse facendo uso da opción específica do procesador de textos. Os orixinais de gráficos e ilustracións presentaránse con calidade de ser dixitalizados, e os primeiros poderán incluirse nun arquivo informático de calquer folla de cálculo (preferentemente Excel); neste caso recoméndase presentar na mesma páxina o gráfico e a táboa de datos.
  7. Os autores recibirán unha soa proba de imprenta. Durante o proceso de corrección non se permitirá incrementar o texto máis dun 5%. Os autores/as comprometeránse a correxir as probas nun prazo de quince días, contados dende a súa entrega.

Proceso de Admisión de Traballos


Os orixinais faránse chegar ben por enderezo electrónico ao email minius@uvigo.es ou deph05@uvigo.es. Tamén poden enviar unha copia en formato electrónico en soporte disco e outra en papel impreso á Revista Minius, Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Pavillón I, 1º andar, Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004 Ourense.

Os traballos recibidos deberán ser orixinais e serán sometidos a avaliación de dous revisores externos mediante o sistema de ‘dobre cego’. En caso de que os avaliadores propuxesen modificacións na redacción do orixinal será de responsabilidade do Consello de Redacción, unha vez informado o autor, facer o seguimento do proceso de reelaboración do traballo. De non ser aceptado para a súa edición, o orixinal será devolto ao seu autor, xunto cos ditames emitidos polos avaliadores.

A secretaría da revista Minius acusará recibo dos orixinais recibidos nun prazo de trinta días hábiles dende a súa recepción, e o Consello de Redacción resolverá a súa publicación nun prazo máximo de seis meses.