Minius historia, arte y geografía
PRESENTACIÓNBenvenidos á web de Minius, revista de historia, arte e xeografía da Universidade de Vigo
A revista Minius é unha publicación periódica de investigación no ámbito das Humanidades –temática miscelánea de historia, arte e xeografía- editada e xestionada polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.
Creada no ano 1992, publicase regularmente un número anual. No momento actual o último número editado é o 24, correspondente ao ano 2016.
Minius está dirixida e administrada por un Consello de Redacción, formado por membros de Consello de Departamento e investigadores doutras universidades. Tamén conta cun Consello Asesor externo, composto por recoñecidos especialistas universitarios e investigadores españois e estranxeiros.
Distribúese no ámbito peninsular, europeo e americano, sendo obxecto de intercambio con máis de 150 revistas de temática similar.
ENVÍO DE ARTIGOS
Data Límite: 22 de novembro de 2019
